Programado en Outeiro de Rei un curso de poda entre febreiro e marzo

LugoXa | TerraChaXa
Ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello
poda-en-altura
25 Jan 2026

O Concello de Outeiro de Rei organiza de novo un curso de poda, enxerto e plantación de froiteiras que terá lugar, sempre que exista demanda suficiente (un mínimo de 10 solicitudes), do 7 de febreiro ao 14 de marzo de 2026.

Este curso desenvolverase os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas; a parte teórica realizarase no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en fincas municipais.

Para este curso ofértanse 15 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 40 € e deberá facerse efectiva antes do inicio da actividade.

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición entre o 26 de xaneiro e o 4 de febreiro no propio Concello ou chamando ao 982 393 281, en horario de 9:00 h a 15:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.076045989990234