Programan en Outeiro de Rei un curso de expertos en transformación dixital
A empresa Gdoce, centro de formación e desenvolvemento de capital humano e/ou organización, abriu o prazo de solicitude para o curso de formación Expertos en transformación dixital, curso que en función da demanda existente poderá realizarse en Outeiro de Rei ou en concellos próximos, sempre que se cubra o número de prazas previstas.
Esta formación está financiada pola Unión Europea e pode ser de gran interese para a poboación menor de 35 anos destinataria desta formación.
Trátase dun proxecto da Xeración Dixital, co obxectivo de acadar as habilidades e o certificado oficial de Experto en Transformación Dixital.
Con esta formación preténdese atender á gran demanda laboral por parte das pemes de adecuar as súas empresas no eido dixital; dar resposta ás necesidades que poidan ter as pemes á hora de integrar e aplicar as novas tecnoloxías, para cambiar a súa forma de operar e funcionar, e ofertar ás empresas profesionais capacitados na transformación dixital que poidan guiar en todo momento ás pemes nese proceso de cambio.
As persoas destinatarias son mozos e mozas de ata 35 anos de idade ocupados (en pemes) ou desempregados con titulación universitaria (ou estar no último ano) ou FP Grao Superior e contando con 6 meses de experiencia laboral (computando dentro de estes as prácticas).
Tamén para FP de Grao Medio, Bacharelato ou Certificado de Profesionalidade de Nivel III e contando con 2 anos de experiencia laboral en TIC (computando dentro de estes as prácticas).
As sesións son de 45 horas presenciais, 95 horas online (aula virtual) e 10 horas mentorización (creación dun Plan de Transformación Dixital)
A titulación que se obterá será o certificado da Universidade Camilo José Cela (con 15 ECTS), titulación PMI Project Management Ready Certification e acceso directo á Bolsa de Emprego da Escola de Organización Industrial (EOI).
As persoas interesadas poden enviar a folla de preinscrición aos seguintes enderezos lucia.hermida@gdoce.es / ana.otero@gdoce.es. tamén amplían información nos números de teléfono 696 469 046/ 636 936 791.