Programan un contacontos musical en Xermade

A biblioteca de Xermade acolle este sábado, 19 de outubro, unha nova actividade que se encadra na programación de actividades de animación á lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.