Prohíbese o estacionamento na rúa da Pravia vilalbesa polas obras
TerraChaXa
A partir da medianoite de hoxe mércores (00.00 horas do xoves), queda prohibido o estacionamento de vehículos na rúa da Pravia polas obras.
5 Oct 2022
O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que a partires da medianoite de hoxe mércores (00.00 horas do xoves), queda prohibido o estacionamento de vehículos na rúa da Pravia polas obras.
Durante o tempo que duren os traballos, estará habilitado un carril de circulación e permitirase a carga e descarga no comercio e a hostalería.
O concello pide de antemán desculpas polas molestias ocasionadas durante as obras, lembrando que a renovación integral e humanización da rúa da Pravia servirá para recuperar para a veciñanza un dos principais espazos públicos da vila.