Prolongan o confinamento do feminino do Burela FS por outros dous positivos por covid
TerraChaXa | AMariñaXa
Parte do Pescados Rubén Burela FS de Primeira Feminina continuará confinada tras a aparición de 2 novos positivos por covid-19.
26 Xan 2021
Parte do Pescados Rubén Burela FS de Primeira Feminina continuará confinada tras a aparición de 2 novos positivos por covid-19. Os novos casos confirmáronse nos segundos resultados de PCR realizados aos contactos estreitos da xogadora que deu positivo hai dúas semanas, unha vez cumprido o período de illamento domiciliario.
De acordo ao protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, a dinámica de adestramento do conxunto laranxa recuperouse o mércores pasado para a maioría das xogadoras. Hoxe poderá incorporarse algunha xogadora máis.
A xornada 12, prevista para este sábado en Vista Alegre coa visita de Móstoles FSF, quedará supeditada á resolución do xuíz de competición da RFEF.