Propietarios de terreos das Fragas do Eume concentraranse de novo o mércores
Os propietarios dos terreos das Fragas do Eume convocaron unha manifestación para o día 11 de outubro ante o Parlamento de Galicia. O obxectivo da protesta é reclamar "compensacións xustas" pola "expropiación encuberta" dos seus terreos en virtude do plan de xestión deste territorio.
A veciñanza considera que o Goberno galego non ofrece "compensacións xustas" para os propietarios dos terreos, que durante décadas preservaron e contribuíron a manter o parque como está na actualidade.
O Concello das Pontes colaborará unha vez máis con esta concentracción poñendo un servizo de autobús desde As Pontes para esta concentración. Este sairá o mércores ás 8.25 horas da estación de autobuses local facendo paradas por Ribadeume, Bermui, A Faeira, San Pedro de Eume, Goente, A Capela e Pontedeume.
Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 667 129 325 antes das 14.00 horas do martes 10.