Protección Civil de Vilalba celebra 30 anos de servizo e recibe unha medalla de ouro

TerraChaXa
A entidade renovou a directiva, sendo reelexido como presidente Pepe Franco Criado
proteccion-civil-vilalba
22 Apr 2025

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilalba está de celebración por partida dobre. O pasado 5 de abril tivo lugar a tradicional comida conmemorativa polos 30 anos de servizo, un acto cheo de emoción e recordos compartidos entre compañeiros e compañeiras que teñen entregado o seu tempo e esforzo á protección e benestar da cidadanía vilalbesa.

Nese mesmo día, celebráronse tamén as eleccións para elixir a presidencia da AVPC de Vilalba, resultando reelixido Pepe Franco Criado como presidente da agrupación.

Como broche de ouro, a agrupación foi distinguida pola Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España coa Placa ao Mérito na súa categoría de Ouro, en recoñecemento aos seus 25 anos de servizo, galardón que será entregado o 31 de maio nunha cerimonia no Centro Sociocultural de Baio, no Concello de Zas.

⚙ Configurar cookies
0.15998601913452