Protección Civil de Vilalba suspende o seu 25 aniversario aqueixada polas débedas do Concello

TerraChaXa
O servizo de Protección Civil de Vilalba acordou na última reunión suspender previstos de celebración dos 25 anos de servizo deste grupo no Concello de Vilalba.
118656456_1923483157788911_9082311539796468346_o
2 sep 2020

O servizo de Protección Civil de Vilalba acordou na última reunión suspender previstos de celebración dos 25 anos de servizo deste grupo no Concello de Vilalba.

Segundo explica, son varias as causas que motivaron esta decisión que adoptou a xunta directiva na sua xuntanza, "sendo as de máis peso, o déficit económico das contas da agrupación e a pandemia actual do covid-19 que impide a xornada que estaba planificada para celebrar os 25 anos de traballo".

Afirman en Protección Civil que dende o ano pasado teñen pendente o ingreso dos gastos ocasionados polo FIV-19, uns 3.000 euros; a subvención nominativa aprobada nos presupostos do 2019 do Concello de Vilalba, 10.000 euros e a rebaixa da mesma subvención do ano 2020, que ten unha contía de 8.000 euros e que foi concedida a esta Agrupación de Voluntarios e Voluntarias.

"Con esta situación económica non podemos afrontar as necesidades e gastos ocasionados pola realización de operativos que están soportando as/os voluntarias/os. De todos xeitos continuamos colaborando coas autoridades en aqueles servizos que nos solicitan en favor dos veciños e veciñas do Concello de Vilalba", conclúen.

A agrupación local de Protección Civil comezou a funcionar no ano 1995 aínda que as xestión se iniciaron xa un ano antes. Agora mesmo conta con 35 persoas operativas pero xa pasaron por este servizo un total de 203. A súa función foi destacada durante o tempo de confinamento ademais de estar presentes na totalidade das actividades organizadas no Concello.

0.072699069976807