Protesta do PP ribadense por eliminar internet nos locais públicos das parroquias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A coordinadora do rural do PP ribadense, Montse Seijo, non entende a decisión do Goberno local de eliminar o servizo de conexión a internet nos locais públicos das parroquias.
FRIULIO (3)
2 Xul 2020

A coordinadora do rural do PP ribadense, Montse Seijo, non entende a decisión do Goberno local de eliminar o servizo de conexión a internet nos locais públicos das parroquias. A popular defende que “é intolerable que Ribadeo non dispoña destes servizos nos tempos en que vivimos. A eliminación da conexión a internet nos locais públicos das parroquias ribadenses é unha mostra do pouco que lle interesa o rural ao Goberno local”, manifesta.

Montse Seijo explica que “son moitas as asociacións que desenvolven numerosas actividades nos locais públicos das parroquias ribadenses” e, polo tanto, “é imprescindible que estean dotados de equipos informáticos para continuar a levar a cabo as súas actividades”.

É máis, os populares, na súa defensa de servizos para o “abandonado rural ribadense” por parte do goberno local, indican que as dotacións de materiais para o desenvolvemento das actividades socio-culturais das parroquias debe ser maior.

O PP ribadense propón entón aumentar estas dotacións para contribuír a que tódolos veciños e veciñas conten cos mesmos recursos. Seijo demanda ao goberno local que “poña a disposición das distintas parroquias equipos integrados por proxectores e pantallas”. Así, segundo asegura a popular “o rural contará con equipos técnicos” no seu entorno próximo e “con varias unidades garántese que se poidan celebrar varios eventos de forma simultánea nas distintas parroquias sen problemas de dispoñibilidade do material”.

0.22168898582458