Protestas nas Pontes pola retirada de paradas do transporte escolar

TerraChaXa
Representantes do CEIP Magdalena e do IES Moncho Valcarce manifestaron o seu malestar pola supresión dalgunhas paradas do transporte escolar.
bus transporte escolar
11 sep 2021

Representantes do CEIP Magdalena e do IES Moncho Valcarce manifestaron o seu malestar pola supresión dalgunhas paradas do transporte escolar así como da non concesión de novas paradas, que impiden que alumnado" poida acudir a ambos centros educativos con normalidade". Nesta protesta sumáronse tamén as familias afectadas ás que se une o Concello das. Pontes para reclamar á Xunta de Galicia a restitución e creación de novas paradas de transporte escolar no municipio.

Tanto o Concello das Pontes como a dirección de ambos centros educativos puxéronse en contacto xa coa xefatura territorial do servizo de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para expoñer esta situación e buscar solucións.

"A Xunta de Galicia, co curso xa iniciado, aínda non lle puxo remedio a esta situación, continuando a incerteza das familias pontesas, que a día de hoxe, non saben se terán transporte escolar para que os seus fillos e fillas se achegen ata os centros educativos", explicaron dende o Concello.

"Desde o Concello das Pontes reclamamos unha resposta urxente e inmediata a esta problemática por parte da Xunta de Galicia. Nos próximos días abordaremos esta cuestión no Consello Escolar Municipal para estudar as accións a levar a cabo para evitar que os nenos e as nenas das Pontes queden sen transporte escolar" indicou a responsable da área de Educación, Tania Pardo.
O Concello das Pontes non cesará no seu empeño para evitar a perda de servizo básicos e garantir o acceso aos mesmos, por parte de toda a veciñanza, en igualdade de condicións.

0.18537092208862