Proxectan a renovación museográfica en San Paio de Narla e no Pazo de Tor

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
A Vicepresidencia da Deputación solicitou a colaboración da Xunta para unha renovación museográfica en San Paio de Narla e no Pazo de Tor
san paio de narla1
22 Feb 2022

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo solicitou a colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza para realizar unha renovación museográfica nos museos de San Paio de Narla e do Pazo de Tor.

Trátase de actuacións incluídas en Soterradas, un proxecto global da Rede Museística Provincial centrado en recuperar e visibilizar a historia das mulleres que traballaron no servizo destes edificios, que foron centros de poder durante séculos, e que se configuraron como espazos culturais dentro da Rede Museística Provincial de Lugo.

Segundo explicou a vicepresidenta Maite Ferreiro “desde a área de Cultura ven de presentarse esta proposta á convocatoria de axudas destinadas a centros musesíticos de Galicia, co obxectivo de que a administración galega cofinancie unha iniciativa que aposta por reforzar a mirada de xénero no discurso dos museos, pero tamén pola inclusión e a accesibilidade dos contidos e dos espazos e polo traballo en rede”.

Ademais da renovación museográfica, o proxecto inclúe tamén a convocatoria de residencias artísticas que permitan seguir afondando, a través da creación artística, na recuperación da memoria das mulleres rurais, na liña de traballo doutros proxectos da RMPL como Recolectoras. Memoria e Terra.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, incidiu en que “buscamos a colaboración doutras administracións e o traballo en rede para seguir dinamizando os museos e para o mantemento e conservación duns edificios que son patrimonio de todas as galegas e galegos, xa que tanto a Fortaleza de San Paio de Narla como o Pazo de Tor son Bens de Interese Cultural”, lembrou.

0.20849108695984