Proxectan en Muimenta 'Unha noite de ruada', 21 anos despois da súa estrea

TerraChaXa
O grupo de teatro Os Xubilosos, da Asociación Aquilino Iglesia Alvariño, vivirá unha noite especial este sábado, 21 de outubro, chea de lembranzas e posta en valor dos maiores.
noite de ruada estrea cine portada
18 Out 2023

O grupo de teatro Os Xubilosos, da Asociación Aquilino Iglesia Alvariño, vivirá unha noite especial este sábado, 21 de outubro, chea de lembranzas e posta en valor dos maiores.

Así, proxectarase a obra Unha noite de ruada na Igrexa Vella de Muimenta en dous pases, ás 17.00 e ás 21.00 horas, cunha chocolatada entre medias. Esta proxección ten lugar 21 anos despois da súa estrea.

Esta obra de teatro foi representada con moito éxito 35 veces. Sitúase no 2001, cando un grupo de veciños de entre 68 e 80 anos xúntase, coa desculpa de facer unhas cestas, para falar do presente e do pasado, revivir experiencias e despois de contos, bailes e cantos, remata cunha festa.

Aparecen nesta proxección os seguintes actores: Pepe, Herminio, Dominica, Remedios, Placer, Divina, Perfecto, Rosendo, Patricio, Encarnación, Dina, Cándido, María, Xosé, Eufemia, Xosé Manuel e Claudina (substitución). Tamén estarán os autores e directores Samarita Canto e Xosé Manuel Carballo.

noite de ruada estrea cine
0.19814610481262