Proxéctase para 2019 o arranxo da avenida Terra Chá de Vilalba

TerraChaXa
Os orzamentos da Xunta para o próximo ano destinarán 850.
17 Nov 2018

Os orzamentos da Xunta para o próximo ano destinarán 850.000 euros a Vilalba para dous proxectos. A partida máis importante da mesma é o amaño da avenida Terra Chá, unha obra moi demandada dende hai anos. Esta estrada, de titularidade autonómica, cedeuse ao Concello coa condición de que se arranxara.

Finalmente, as obras desenvolveranse durante o ano que vén a través dun proxecteo que ten como data de finalización o 2019. Este consistirá na substitución do firme da estrada e o arranxo das zonas de aparcadoiro e beirarrúas, ademais de instalar un novo colector na marxe dereita dende a Rúa de Mondoñedo ata a estación de bombeo de Porto Barroso.

O segundo proxecto, dentro do Plan Rexurde do Instituto Galego da Vivenda e Solo para a rexeneración de espacios urbanos, contempla unha dotación económica de 197.000 euros que se destinarían para a adquisición de solo e de inmobles. Unha vez finalazada esta compra, a Xunta acometerá as obras de reurbanización do espazo que hai entre a praza de Santa María e o Auditorio. O proxecto, que se está a redactar, contempla a rehabilitación de dous edificios e o derrube doutros tres nos que se faría un espazo de ocio entre a escalinata e a Porta de Cima.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13589692115784