Proxéctase un documental de Carlos Lorenzo sobre o fotógrafo José Gestal

LugoXa | TerraChaXa
Poderá verse este sábado na Casa Museo de María María
documental-sobre-jose-gestal
22 Apr 2025

Cardoña, fotos a 7 pesetas é o documental que programa, para as 20 horas deste sábado, a Casa-Museo Manuel María. Proxección que contará coa presenza do propio director, guionista e produtor, e tamén presidente da asociación galega de profesionais da xestión cultural, Carlos Lorenzo, e coa filla do fotógrafo José Gestal, Marina Gestal, que manterán, ao finalizar o filme, un coloquio co público asistente.

O documentario sobre a historia persoal e a obra fotográfica de Cardoña (José Gestal) foi seleccionad0, a día de hoxe, en vinte e sete festivais internacionais de cinema, obtendo nove importantes recoñecementos. Entre eles, premio á mellor edición para documentais en lingua non inglesa no Reino Unido, premio ao mellor director de curtas documentais no Brasil, premio ao mellor documental na India ou premio ao mellor documental de arte e historia na Australia.

Cardoña (José Gestal) foi un dos moitos fotógrafos espallados por Galiza que traballaban dun xeito ambulante como un medio de vida que lle permitía obter ingresos para subsistir.
O seu traballo humilde converteuse sen el sabelo nun legado documental que hoxe serve para afondar no coñecemento da Galiza rural de boa parte do século XX. A súa filla Matilde e fotógrafos e expertos como Xurxo Lobato, Xoán Piñón, Carlos Castelao e Manuel Sendón cóntannos como era aquel oficio e homenaxean a quen contribuíu a que permanecese viva a nosa memoria.

Esta actividade, que conta coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, é de entrada libre mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698 177 621

⚙ Configurar cookies
0.15714597702026