Proxectouse en Friol o documental sobre as primeiras Olimpiadas Rurais de Galicia

LugoXa | TerraChaXa
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural destacoun a actividade como un “bo exemplo” de dinamización social, económica e cultural nas contornas rurais
olimpiadas-Friol
24 Nov 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, asistiu  á proxección das primeiras Olimpíadas Rurais de Galicia, un documental que narra a historia desta proba deportiva pioneira, celebrada no Concello de Friol.

A directora xeral, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, José Ángel Santos, puxo de relevo esta iniciativa e destacouna como un “bo exemplo” de dinamización social, económica e cultural nas contornas rurais da nosa comunidade. De seguido, Rodríguez salientou que se trata dunha idea importante para “preservar as tradicións galegas e xerar actividades atractivas no rural”.

Ademais, agradeceu a implicación do Concello á hora de promover esta celebración; así como a do propio promotor do evento, o Colectivo Hércules, unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta e organiza actividades relacionadas coa práctica deportiva.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16068983078003