PSOE de Vilalba e mulleres rurais falarán o venres de Igualdade

TerraChaXa
O Partido Socialista de Vilalba e mulleres rurais, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa, organizan unha xornada aberta aos veciños para falar sobre igualdade, co gallo do Día Internacional da Muller Rural.
IMG 3948
16 Oct 2018

O Partido Socialista de Vilalba e mulleres rurais, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa, organizan unha xornada aberta aos veciños para falar sobre igualdade, co gallo do Día Internacional da Muller Rural. Terá lugar este venres ás 20:00 horas, na Escola Habanera de Santaballa. A entrada é totalmente gratuíta. Esta xornada enmárcase no ciclo de encontros Versión Propia que puxo en marcha a agrupación socialista de Vilalba para falar sobre diferentes temáticas que afectan aos veciños de Vilalba.

Durante a conferencia intervirán a voceira do Grupo Municipal Socialista de Vilalba, Elba Veleiro, a Presidenta da Comisión de Igualdade no Congreso dos Diputados, Pilar Cancela, e a voceira de FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais), Rosa Arcos.

Elba Veleiro destacou “o papel fundamental que xogamos as mulleres na vida e nas economías familiares, sendo un dos piares para garantir a vida no rural, fixando poboación no territorio. Con esta conferencia dende o Partido Socialista e as asociacións de mulleres rurais queremos poñer en valor e visibilizar o gran traballo e esforzo de miles de mulleres que son clave para xerar riqueza e buscar alternativas de futuro en Galicia. Porque recoñecer a súa labor é unha cuestión de xustiza”.

“Un dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos na provincia de Lugo é no conxunto da comunidade é o despoboamento no rural. Para combatelo, dende o Partido Socialista seguiremos impulsando medidas dirixidas á mellora e sustentabilidade do medio rural, defendendo a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, porque o futuro das zonas rurais pasa por integrar as mulleres en todos os ámbitos”.

O PSOE pide un Plan Estratéxico de Igualdade de Xénero no rural

Os socialistas galegos quere poñer en marcha un “Plan Estratéxico de Igualdade de Xénero no Medio Rural de Galicia”, que contribúa á promoción integral das mulleres do medio rural de Galicia, a súa plena participación social e á igualdade de oportunidades real entre mulleres e homes no marco dun proceso integral de desenvolvemento do medio rural galego.

Dito plan contempla cinco obxectivos principais:

  1. Promover o acceso das mulleres á formación e ao emprego, así como o desenvolvemento da súa actividade emprendedora no medio rural.
  2. Dotar ás mulleres de ferramentas que incrementen a súa visibilidade social, política e económica, e para que, mediante autoconfianza, empoderamento e liderazgo na toma de decisións, sexan protagonistas activas da súa súa vida no medio rural.
  3. Facilitar a conciliación persoal e familiar, e a corresponsabilidade de homes e mulleres no medio rural galego.
  4. Sensibilizar e educar en igualdade desde a infancia ás mulleres e ós homes do medio rural en Galicia, así como contribuir á prevención e erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres.
  5. Contemplar outros obxectivos máis pormenorizados, nos que a prevención e a erradicación da violencia de xénero sexa prioritario sobre o resto.
IMG 3954
0.15240287780762