PSOE e BNG de Mondoñedo critican ao Concello pola renuncia de varias subvencións

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González denunciou que o Goberno de Elena Candia renunciou a tres subvencións que ascenden a un total de 29.
31 Dec 2019

A voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González denunciou que o Goberno de Elena Candia renunciou a tres subvencións que ascenden a un total de 29.179 euros. Así o dixo tras revisar a Acta da Xunta de Goberno celebrada o día 7-10-19, e que foi enviada ao Grupo Socialista o pasado venres 13 de decembro (é dicir dous meses despois da súa celebración). Cualifica este feito como unha auténtica “deixadez de funcións por parte do Goberno”.

Segundo se constata na Acta o Goberno de Elena Candia “o Concello solicitou unha subvención o pasado 14 de febreiro 2019, para Proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021: Programa o teu Xacobeo, concretamente para a actuación denominada Potencia o Camiño Norte en Mondoñedo, e que contaba cun orzamento total de 20.000 euros con IVE. Nesta acta sinalase que “debido a motivos organizativos esta entidade non é capaz de levar a cabo esta actividade ..polo que renuncia de forma expresa a subvención concedida que ascendeu a 12.000 euros”.

Neste mesmo documento hai unha segunda renuncia a outra subvención para este mesmo programa de dinamización do Xacobeo 2021, para unha iniciativa que leva por título Bordón e Pluma. “Segundo consta o montante total deste proxecto é de 19.965 con IVE, e neste caso tamén se renuncia ao investimento que concedeu a Axencia de Turismo de Galicia para este proxecto que ascendeu a 11.979 euros”.

Por último o Concello de Mondoñedo tamén renunciou a unha terceira subvención da Conselleira de Cultura para a colaboración no financiamento para a contratación dun arquiveiro que ascendía a 5.200 euros.

“Tal e como se pode constatar o Goberno de Elena Candia é incapaz de xestionar os recursos do Concello, xa que a renuncia de tres subvencións é o síntoma máis evidente de que non é capaz de realizar os proxectos que o mesmo Concello propón”, advertiu Esperanza González.

“Tres proxectos quedaron sen executar en Mondoñedo por mor da inoperancia do Goberno de Elena Candia, e que supoñían un investimento de máis de 29.000 euros”, resumiu a voceira socialista.

BNG

O BNG de Mondoñedo vén de manifestar a súa inquedanza pola perda de tres subvencións para o Concello. Tres investimentos de máis de 29.000 euros, e según dín "o goberno municipal de Elena Candia tamén renunciou a unha cuarta subvención que tiña concedida do Instituto Galego de Vivenda e Solo por un importe total de 23.243,41 euros para a rehabilitación da antiga escola de Santa María Maior"

Segundo a resolución do IGVS o concello de Mondoñedo renunciou á concesión da subvención recoñecida “como consecuencia da imposibilidade de executar as obras na presente anualidade” din os nacionalistas.

Para o BNG o feito de non aproveitar estas subvencións que chegan doutras administracións e un claro exemplo de desleixo e mala xestión do goberno popular e o portavoz dos nacionalistas no concello, Eloi Cabanas, anuncia que pedirá explicacións no vindeiro Pleno municipal pola perda de máis de 50.000 euros en axudas para o concello Mondoñedo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.174800157547