PSOE e Galicia Baleira propoñen solucións para impulsar a vida no rural
As demandas da plataforma cidadá son unha prioridade para o Goberno de Pedro Sánchez, tal e como queda reflectido en accións desenvolvidas nesta lexislatura -internet no rural, modelo de residencias da Deputación, aumento das pensións e deescentralización da Administración central-, e nas propostas contempladas no seu programa cara ao 23X.
“O problema da Galicia Baleirada está aí, somos conscientes e o Goberno de Pedro Sánchez xa está a traballar en aspectos concretos que responden a moitas das demandas desta plataforma veciñal: Banda ancha no 100% da provincia en 2024, un modelo de residencias para maiores sen listas de espera de 2 anos como as da Xunta, unhas pensións dignas e melloras nas conexións que permitan aos máis novos elixir onde vivir”. O número 1 ao Congreso polo PSdeG-PSOE por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro realizou esta reflexión na reunión que mantivo na Carballeira de Pol con preto dun centenar de membros de Galicia Baleira chegados desde toda a provincia fronte aos que defendeu un modelo de sociedade “que non deixa a ninguén atrás”.
Gómez Besteiro, acompañado por outros membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado como César Mogo, Patricia Otero, Marina Ramudo ou Eduardo Vidal, recibiu o aplauso de Galicia Baleira cuxos representantes destacaron a súa “capacidade de escoita e as súas achegas” fronte ao silencio “doutros como Rueda ou Ana Pontón, dos que non sabemos nada a pesar de nosas reiteradas peticións de reunión”.
Galicia Baleira entregou ao número 1 ao Congreso por Lugo un manifesto/resumo coas súas principais peticións, moitas delas recollidas no programa socialista da campaña 23X como a implantación de servizos básicos de calidade accesibles e a 30 minutos máximo do mundo rural, máis innovación e mellores oportunidades e mellor atención ás persoas maiores ou programas de arraigamento para ou asentamento de novas familias.
Así mesmo, Besteiro lembrou ou apaoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, a pesar do que queren a dereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
Asimismo, Besteiro lembrou o apoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, pese a o que queren a dereita e a ulttradereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
O candidato rematou a súa intervención pedindo o voto para os socialistas no 23X “porque só nós defendemos un rural no que se poda traballar e vivir”.
Visita Queixería Don Crisanto e reunión con empresarios da Terra Chá
Trala reunión con Galicia Baleira, os candidatos, acompañados pola subdelegada provincial do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, visitaron a Queixería Don Crisanto, empresa familiar fundada nos anos 60 por unhha muller e que a día de hoxe é un exemplo de modernidade sen abandonar o seu labor artesanal. Posteriormente os socialistas mantiveron unha comida de traballo cos representantes da Asociación de Empresarios de Terra Chá.