Publicadas as imaxes gañadoras do I Concurso de Fotografía da Festa da Malla de Meira
TerraChaXa
Coa celebración da XXVII Festa da Malla de Meira organizouse o I Concurso de Fotografía, cunha alta participación.
13 Out 2018
Coa celebración da XXVII Festa da Malla de Meira organizouse o I Concurso de Fotografía, cunha alta participación. Despois da votación en Facebook, déronse a coñecer as fotografías premiadas.
O primeiro e segundo premio foi para M. de la Paz Puchaes Gilabert, que foi o premio do xurado e que gañou en conxunto 150 euros en metálico e 75 euros nun vale para consumir en calquer establecimento de Meira, e o terceiro premio por votación do público foi para Ánxela López Grandío, que levou 30 euros nun vale.
Todas as imaxes contribúen a que se poida recoñecer a Festa da Malla na súa aportación social.