Puntadas con Agarimo anuncia dúas actividades especiais para celebrar o Nadal nas Pontes

TerraChaXa
Haberá un obradoiro de coroas o domingo 14 e un xantar o día 20
puntadas-con-agarimo-nadal
11 Dec 2025

O colectivo pontés Puntadas con Agarimo deu a benvida ao ambiente festivo destas datas anunciando dúas propostas pensadas para compartir creatividade, convivencia e espírito navideño. A entidade prepara un obradoiro de creación de coroas de Nadal e a súa tradicional comida comunitaria, que terá lugar por segundo ano consecutivo.

O obradoiro de Coroa de Nadal celebrarase este sábado, 14 de decembro, nunha sesión de tarde na que as participantes poderán elaborar a súa propia coroa decorativa. O prezo é de 30 euros para socias e 35 euros para non socias, incluíndo todo o material necesario. As prazas —dez en total— reservaranse por orde de pagamento anticipado.

A segunda das actividades será a Comida de Nadal, un encontro pensado para brindar, rir e celebrar un ano cheo de experiencias compartidas. Ao igual que na edición anterior, cada participante achegará un prato ou elaboración para compartir co resto do grupo. Será o día 20 de decembro, ás 14.00 horas na asociación veciñal Vincallo, en Cal de Avelaiña, Chamoselo.

Desde Puntadas con Agarimo animan ás interesadas a reservar as datas e a participar nunhas actividades que buscan fortalecer os lazos comunitarios e gozar do espírito do Nadal nas Pontes. Para o xantar a data final de reserva é o día 15.

⚙ Configurar cookies
0.078551054000854