Puntadas con Agarimo convoca este mes uns obradoiros creativos nas Pontes

TerraChaXa
O prezo por taller, incluíndo o material, é de 30 euros para persoas socias e de 35 euros para non socias
obradoiros-costura-puntadas-con-agarimo
5 Oct 2025

A asociación Puntadas con Agarimo organiza o vindeiro 26 de outubro uns obradoiros creativos dirixidos por Crafty Lu, que se desenvolverán no local situado na Rúa Narón número 13, baixo, nas Pontes.

A xornada contará con dúas propostas diferenciadas. Pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas, terá lugar un taller de bordado sobre tecido. Xa pola tarde, de 16:00 a 19:00 horas, as persoas participantes poderán aprender a elaborar un boneco feito a calceta.

O prezo por taller, incluíndo o material, é de 30 euros para persoas socias e de 35 euros para non socias. As prazas son limitadas, polo que desde a organización recomendan inscribirse con antelación.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición a través do teléfono 658 961 505 (Vero) ou directamente na Óptica Callao As Pontes.

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello das Pontes. Esta é unha das primeiras actividades fóra das quedadas mensuais que convoca o colectivo tras a súa constitución como asociación.

⚙ Configurar cookies
0.078403949737549