'Pura' e 'Le Chant du Saz' triunfan no XII Festival de Cine de Roca

TerraChaXa
Coincidencia total entre o xurado e o público á hora de escoller as curtametraxes gañadoras
festival-de-cine-de-roca
22 Sep 2025

O XII Festival de Cine de Roca pechou a súa edición coa coincidencia total entre o xurado e o público á hora de escoller as curtametraxes gañadoras. O premio do público á mellor curtametraxe galega recaeu en Pura, de Carmen Méndez, que tamén levou o premio especial Deleite do xurado na mesma categoría. Na sección de obras non galegas, o galardón do público e o premio especial Deleite do xurado foron para Le Chant du Saz, de Naomi Les Une Nuit.

A organización agradeceu a Deleite, á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ao Concello de Guitiriz, a Iberik Hoteles, ao MVMC de San Xiao de Roca e ás colaboracións individuais polo seu apoio, fundamental para que o festival continúe medrando ano tras ano.

⚙ Configurar cookies
0.1020040512085