Puraga recibe o apoio da Xunta nunha xuntanza coa conselleira de Medio Rural

TerraChaXa
Teñen un convenio de colaboración para a execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos
reunion-puraga-conselleira
28 Jan 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de Criadores de Cabalos de Pura Raza Galega (Puraga) para afondar na cooperación a prol desta especie autóctona.

Neste sentido, a Consellería do Medio Rural ten vixente un convenio de colaboración coa entidade para a execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos da raza equina Cabalo de Pura Raza Galega.

0.18199896812439