Que bo estás Guitiriz! aumenta notablemente a venda de tapas
TerraChaXa
A Asociación de Bares de Guitiriz celebrou a sexta edición do seu concurso de tapas.
9 Mar 2018
A Asociación de Bares de Guitiriz celebrou a sexta edición do seu concurso de tapas. Os hosteleiros están moi satisfeitos co resultado acadado este ano, xa que aumentou a media de tapas por local, xa que moitos alcanzaron as 2.000. Participaron 12 locais de hostalería de todo o concello, incluído Vilares e Parga. As tapas tiveron un prezo de 2 euros e houbo unha oferta especial de tapa máis viño por 3,50 da bodega Val Miñor. Os locais repartiron premios directos cada 100 tapas.
Os gañadores do concurso levaránse premios de 300 euros, 200 euros e 100 euros, con un mínimo de 5 tapas de todo o concello. O concurso aporta cinco centímos por tapa ao festival de Pardiñas.