Queixas en Ribadeo polo cheiro dos contedores do lixo
A vicevoceira popular, Elena Sierra, lamenta “o insoportable olor que apreciamos tódolos ribadenses nas nosas rúas” nunha época
na que “máis visitantes se achegan á nosa vila”. O Grupo Municipal do PP de Ribadeo esixe unha solución “inmediata” ante o mal olor
que desprenden os colectores do lixo.
“Os veciños merecemos un Ribadeo limpo e queremos que os nosos visitantes leven unha boa impresión do noso municipio”, defenden. O Grupo Municipal Popular presentará unha moción para a elaboración dun novo plan municipal de residuos para o que agardan “conquerir o consenso de tódolos grupos con representación na Corporación”.
Os populares cren que “o goberno local debe actuar con rapidez ante esta indesexable situación que estamos a vivir durante o verán, precisamente cando máis visitantes se achegan á nosa vila. Os veciños merecemos un Ribadeo limpo e queremos que os nosos visitantes leven unha boa impresión do noso municipio”.
Nese sentido, dende o Grupo Popular na corporación ribadense propoñen a elaboración dun novo plan municipal de residuos co obxectivo de evitar estes desagradables problemas de mal olor. Cun novo plan municipal tamén se podería mellorar a xestión da limpeza e da recollida de residuos.
Os populares anuncian, neste sentido, a presentación dunha moción para debater sobre o novo plan municipal de residuos na vindeira sesión plenaria da corporación municipal para a que agardan “conquerir o consenso de tódolos grupos municipais. Entendemos que este tipo de plans deben contar co visto bo de tódolos grupos que representan a tódolos ribadenses”, conclúen.