Queixas entre os empresarios polo aparcamento no polígono vilalbés
A Asociación de Empresarios do Polígono Sete Pontes fixo públicas as "repetidas queixas que nos chegan estes últimos días" con relación á situación das empresas de transporte de Vilalba e os seus traballadores por non poder estacionar os seus vehículos nas zonas que antes estaban habilitadas no polígono, "sen comunicación previa e sen buscarlles outras alternativas para iso". Ademais, "e por se fose pouco, coméntannos que tamén lles están multando", conclúen.
Aseguran que contan con decenas de queixas de empresarios e traballadores que demandan que esta situación cambie e que se lles busque unha solución o máis rápido posible.
A través dun comunicado, a asociación quere dar apoio a estas empresas do sector do transporte situadas no polígono e "brindar a nosa axuda para que as empresas de Vilalba poidan seguir no noso pobo".