Rábade abre o prazo para solicitar as axudas municipais para escolares
O Concello de Rábade volve ofrecer este ano as axudas polo inicio do curso escolar, para as que establece como prazo de presentación dende hoxe, 11 de setembro, ao 11 de outubro.
O Concello ten establecida esta liña de axudas económicas para cubrir os gastos derivados da compra de libros de texto e material escolar, roupa e calzado para este curso 2023-24, para o ensino obligatorio e infantil, que non cubran as axudas autonómicas.
Os requisitos para poder solicitar estas axudas son estar empadroados no Concello con anterioridade a tres meses, ter un menor cursando algún destes estudos nalgún dos dous centros de Rábade e non superar os 6.000 euros de renda per cápita (7.500 no caso de familias monoparentais).
O Concello aclara que non se poden solicitar as axudas para os libros que xa financia a Xunta de Galicia pero si para os que non sexan financiados e tamén para material escolar, roupa e calzado.
A documentación pertinente (libro de familia, declaración da renda, xustificantes económicos, e de pago de vivenda) teñen que presentarse xunto á solicitude antes do 2 de outubro nas oficinas municipais.