Rábade acolle este venres unha nova representación de teatro afeccionado

Este venres, 9 de xaneiro, o Centro Social de Rábade, acollerá a representación da obra Blue Island: Un lugar axeitado para criminais, da compañía Borguete Teatro e dirixida por Guillermo Cancelo. A representación, de acceso gratuíto e dirixida a todos os públicos, terá lugar ás 21.00 horas.
A peza promete unha noite cargada de humor, misterio e personaxes sorprendentes, converténdose nun plan perfecto para desfrutar en compañía de amigos, da familia ou de quen cada quen prefira. Desde a organización destacan que se trata dunha oportunidade única para pasar un bo rato e convidan á veciñanza a achegarse ao teatro e gozar da proposta escénica.