Rábade acolle o 22 de xaneiro un obradoiro para pais e nais sobre adicións
Dende o servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organízase un obradoiro dirixido a nais e pais de todas as etapas educativas para abordar a temática sobre as adiccións comportamentais. A actividade terá lugar no Concello de Rábade e será impartida por Gerardo Rodríguez da asociación Agalure.
Os contidos da actividade irán adaptados ás familias para a detección e manexo de cara ás adicións sen sustancia e atendendo ás dúbidas e inquedanzas das persoas participantes.
En liñas xerais abordaranse aspectos como criterios diagnósticos, diferenzas entre uso, abuso e adición; os factores de risco; as sinais de alerta; as consecuencias, e os límites a establecer polas familias.
A sesión terá lugar no centro sociocultural de Rábade, de 19:15 a 20:15 horas.
As inscricións estarán abertas ata o 20 xaneiro no teléfono: 982390062, no correo electrónico: prevenciondrogas@rabade.org ou neste enlace