Rábade acolle o 26 un torneo de futbolín

TerraChaXa
Rábade acollerá este ano o día 26 de decembro o Torneo de futbolín Cego de Nadal na súa terceira edición oficial.
rabade cegas nadal portada
23 Dec 2021

Rábade acollerá este ano o día 26 de decembro o Torneo de futbolín Cego de Nadal na súa terceira edición oficial e con ganas de volver superar as 50 persoas de inscrición.

O torneo terá lugar no O Peneiro Café Taberna e con sorpresas de Nadal tanto para os finalistas coma para os que non poidan acadar os obxectivos.

Os interesados en participar deberán inscribirse prevaimente vía whatsapp, telefónica ou mensaxe privada nos teléfonos 727 766 426, 664 022 017 e 679711009. A inscripción ten un custe de 5 euros por xogador. Todos os participantes terán pinchos e tamén haberá sorteo de agasallos para os non premiados.

Os premios varirán en función da inscrición e será do 50% para o primeiro, 30% para o segundo, 20% para o terceiro e o 4 recibirá o custe da inscrición.

cegas nadal rabade
0.10108590126038