Rábade acolle o domingo un concerto de Nadal

TerraChaXa
O Coro da Asociación Crisanto ofrece este domingo 26 de decembro, un concerto de Nadal que consistirá nunha misa cantada e panxoliñas.
igrexa san vicenzo rabade
24 Dec 2021

O Coro da Asociación Crisanto ofrece este domingo 26 de decembro, un concerto de Nadal que consistirá nunha misa cantada e panxoliñas.

A sesión terá lugar ás 12.00 horas na igrexa parroquial de San Vicenzo de Rábade.

Este colectivo realiza sempre actuacións de diferente índole nos concellos onde imparte formación en especial neste tempo de Nadal.

concerto nadal rabade crisanto
0.084882974624634