Rábade acolle un coloquio sobre o uso seguro de internet
TerraChaXa
O Servizo de prevención de Condutas Adictivas organiza en Rábade a actividade para familias sobre Uso seguro da internet e redes sociais.
2 May 2021
O Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza unha actividade dirixida ás familias sobre Uso seguro da internet e redes sociais.
O obxectivo desta acción é ofrecer unha perspectiva educativa e analizar medidas de prevención que nos permitan acompañar aos nosos fillos e fillas a facer fronte ás situacións de risco derivadas do uso da internet, móbiles e outros servizos e tecnoloxías conectadas, así como os seus hábitos de uso e os beneficios que estas achegan.
O coloquio terá lugar o día 3 de maio de 2021 en horario de 18.30 a 20.00 no centro sociocultural de Rábade.