Rábade acolle un curso sobre percusión medieval
LugoXa | TerraChaXa
A formación estará a cargo de Jota Martínez, especialista en música e instrumentos medievais
Cartel do evento
8 Jun 2024
A Casa das Insuas de Rábade acollerá entre o 14 e o 16 de xuño un curso de tres días sobre percusión medieval co título Ritmo e percusión nas cantigas de Santa María.
A formación estará a cargo de Jota Martínez, especialista en música e instrumentos medievais.
As inscricións poden realizarse no 657 609 387 e no whatsapp 611 679 270.
Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Rábade e a Asociación Galega de Custodia do Territorio.