Rábade acolle un obradoiro sobre estrés e ansiedade

TerraChaXa | LugoXa
Rábade acollerá o día 17 de novembro un obradoiro de manexo do estrés e ansiedade organizado polo servizo de prevención.
obradoiro estres ansiedade rabade portada
5 Nov 2021

O centro sociocultural de Rábade acollerá o día 17 de novembro un obradoiro de manexo do estrés e ansiedade organizado polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

A formación terá lugar entre as 16.30 e as 20.00 horas do mércores 17 e ten como obxectivo aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolo etc.

O curso está dirixido a toda a poboación en xerla e estará a cargo de Mario Alberto Rivas Carro, enfermeiro educador e psicólogo do hospital Lucus Augusti de Lugo.

A inscrición pode realizarse ata o día 16 a través da web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ( listado de cursos presenciais) ou por mail en prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo , teléfono e DNI.

Durante a formación falarase de qué e o estrés e a ansiedade, os seus síntomas e efectos, as fontes de estrés; coñecer, entender, e manexar o estrés e a ansiedade na vida, e as estratexias para manexar, reducir e relaxar o estrés.

obradoiro rabade manexo estres e ansiedade
0.16309785842896