Rábade acolle un taller sobre igualdade e violencia de xénero

TerraChaXa
O Concello de Rábade acollerá este venres 29 de novembro o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade.
A_UNO_499127_61906
27 Nov 2019

O Concello de Rábade acollerá este venres 29 de novembro o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade. Trátase dunha iniciativa da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa Deputación que se está a desenvolver por moitos concellos da provincia de Lugo.

En Rábade impartirase o venres 29 de novembro, ás 17 horas, no centro social do Concello. Os interesados en obter máis información poden solicitala no teléfono 982 203 721.

0.16754412651062