Rábade acolle unha charla sobre o dano cerebral adquirido
O vindeiro mércores, 13 de novembro, terá lugar no Centro Sociocultural de Rábade unha charla informativa titulada Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido (DCA). Esta sesión, que se desenvolverá de 11:00 a 12:00, ten como obxectivo sensibilizar e informar á comunidade sobre o dano cerebral adquirido, un problema de saúde que afecta a moitas persoas e que require apoio especializado.
A charla contará coa intervención de Pablo Freire Portela, traballador social da asociación Dano Cerebral Lugo, quen explicará en que consiste o DCA, as súas causas, consecuencias, e os recursos dispoñibles para as persoas afectadas e as súas familias.
Esta actividade, organizada en colaboración coa asociación Dano Cerebral Lugo e o Concello de Rábade, é aberta ao público e busca proporcionar información útil para comprender mellor esta condición e apoiar a integración das persoas afectadas na sociedade.
Para máis información, os interesados poden contactar coa asociación Dano Cerebral Lugo a través do correo electrónico traballosocial@adacelugo.org ou chamar ao 663 08 53 91.