Rábade acolle unha xornada sobre morcegos e avelaíñas
TerraChaXa
A Casa das Insuas de Rábade acolle o sábado 22 de setembro unha xornada de observación de morcegos e avelaíñas, que se celebrará entre as 16.
17 sep 2018
A Casa das Insuas de Rábade acolle o sábado 22 de setembro unha xornada de observación de morcegos e avelaíñas, que se celebrará entre as 16.00 e as 23.00 horas dentro das actividades organizadas polo grupo Custodia do Terreitorio na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.
O obxectivo desta xornada é coñecer de preto os morcegos e as súas principais presas da man de expertos en cada un dos grupos de estudo. De feito, será Roberto Hermida o que guíe a actividade no tocante aos morcegos e Elia Pérez, sobre avelaíñas.
Esta actividade, que terá unha pausa para merendar, está aberta á participación de persoas de todas as idades previa inscrición, que debe facerse a través do correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 670 514 888.