Rábade acollerá o II Encontro Galego de Voluntariado BMS o próximo domingo

TerraChaXa
A cita dará comezo ás 10:30 horas na Casa das Insuas, onde terá lugar a benvida ás persoas asistentes acompañada dun café de acollida
encontro-voluntariado-casa-das-insuas
29 Jul 2025

O vindeiro domingo, 3 de agosto, terá lugar en Rábade o “II Encontro Galego de Voluntariado BMS”, unha xornada que reunirá persoas voluntarias implicadas no proxecto Biodiversidade nas Montañas e Sustentabilidade (BMS) e outras persoas interesadas na conservación e estudo do medio natural galego.

A cita dará comezo ás 10:30 horas na Casa das Insuas, onde terá lugar a benvida ás persoas asistentes acompañada dun café de acollida. Durante a xornada desenvolveranse visitas guiadas aos transectos de seguimento de biodiversidade nas zonas da Casa das Insuas e das Insuas do Miño, tanto pola mañá como pola tarde.

O xantar será de campo, polo que a organización recomenda que cada persoa leve a súa propia comida e bebida, xa que non hai bares nin restaurantes nas proximidades do lugar de encontro.

A participación no encontro é gratuíta pero precisa inscrición previa, que pode realizarse a través do seguinte formulario en liña: https://forms.gle/Fzf817B45RmHzcHD8.

Esta actividade ofrece unha oportunidade para afondar no coñecemento da biodiversidade das zonas húmidas do Miño e compartir experiencias entre as persoas que colaboran no seguimento e estudo da fauna e flora galega.

⚙ Configurar cookies
0.17984914779663