Rábade acollerá unha nova edición do maratón de fútbol sala
Un ano máis, o Insuas do Miño Rábade FS organizará o IV Maraton de fútbol sala de Rábade xunto coa AD Rabadense os días 26,27 e 29 de xullo, ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.
De feito, a organización xa ten aberto o prazo de inscrición para esta quinta edición. Os interesados en anotarse deberán aboar 12o euros antes do xorteo.
O maratón establece tres premios para os primeiros clasificados. O primeiro cobrará mil euros e trofeo, o segundo 500 e o treceiro 200. Tamén se dará un premio de 150 euros ao mellor equipo do concello e trofeos ao mellor xogador e o mellor porteiro. O sorteo dos enfrontamentos realizarase o día 25 de xullo.
Ademais, este ano, a organización habilitará unha zona de acampada ao lado do pavillón.
Para informarse ou incribirse poden poñerse en contacto con Sergio (654 481 013), Jose (663 563 218) ou Carlos (669 024 426).