Rábade acolleu un torneo de futbolín
TerraChaXa
Rábade acolleu o día 26 de decembro o Torneo de futbolín Cego de Nadal na súa terceira edición oficial con gran éxito.
9 Xan 2022
Rábade volveu centro do fútbolín este Nadal coa celebración do Torneo Cego de Nadal na súa terceira edición oficial cun novo éxito de participación pala situación pandémica. O torneo celebrouse no O Peneiro Café Taberna e con sorpresas de Nadal tanto para os finalistas coma para os que non puideron acadar os obxectivos.
Os campións do evento foron Martín Ogando, de Pontevedra, e Jesús Castro, de Rábade. En segundo lugar quedaron César Blanco e Alberto Lago, que xogaron unha impresionante final que quedou 4-3.
O terceiro posto foi para Víctor Fernández Tori e Álvaro GB. deixando o cuarto posto para Danny Yepes e Raúl Fernández.