Rábade celebra en maio o VI Concurso de Tapas
O Concello de Rábade celebrará as dúas primeiras fins de semana de maio unha nova edición do Concurso de Tapas, que xa vai pola sexta edición.
Nesta ocasión participarán once locais do concello: Ágora, Arcos, Beethoven, Brétema, Burger, A Cantina, Os Castro, Bar Centro Bar Cruz, Mozart e Papyrus, que ofertarán aos seus clientes unha tapa da súa propia creación e que terá un prezo de 2 euros.
Estes pequenos entremeses serviranse en todos estes locais os días 4, 5, 6, 11, 12, e 13 de maio en horario de malá sábados e domingo (de 12.00 a 15.00 horas) e de tarde venres e sábados (de 19.00 a 23.00 horas).
O concurso, que está organizado pola Asociación de Hostaleiros e da Alimentación de Rábade en colaboración co Concello de Rábabe, sorteará varios regalos entre todos aqueles que completen a ruta e que consistirán nunha fin de semana en spa para dúas persoas e dez prazas para visitar as bodegas Mar de Frades con desprazamento e comida incluídos.
Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde da localidade, Francisco Fernández Montes: o presidente dos hosteleiros, Julio García, e os representantes das empresas colaboradoras, Mar de Frades, Cafés Candelas e Estrella Galicia.