Rábade celebra esta fin de semana o seu primeiro Mercado de Nadal dentro da programación festiva

LugoXa | TerraChaXa
O 31 será a quenda da carreira popular Don Silvestre Rabandese, con saída ás 12:00 e premios para os cinco mellores disfraces
mercado-nadal-rabade
26 Dec 2025

O Concello de Rábade segue a desenvolver o seu programa Nadal 2025, un completo calendario de actividades culturais, musicais e festivas que se desenvolverán entre o 12 de decembro e o 10 de xaneiro. A seguinte cita será o Mercado de Nadal, que ocupará a Praza de Abastos os días 27 e 28 de decembro con horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Esta actividade englóbase dentro da celebración do centenario de cidade.

O 31 será a quenda da carreira popular Don Silvestre Rabandese, con saída ás 12:00 e premios para os cinco mellores disfraces. Xa en xaneiro, o día 3 celebrarase o Recheo de Reis para público adulto, e o día 5 terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos, con saída ás 17:30 e recepción real no Centro Sociocultural.

A programación pecharase o 10 de xaneiro coa representación teatral do Centro Dramático Galego, Memorias dun Neno Labrego. As actividades marcadas cunha estrela contan con prazas limitadas e requiren inscrición previa na Área de Cultura e Deporte.

⚙ Configurar cookies
0.090595006942749