Rábade celebra este venres unha Andaina pola Igualdade
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade celebrará unha Andaina pola Igualdade este venres, día 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller con saída da Praza do Concello ás 11:00 horas.
7 Mar 2024
O Concello de Rábade celebrará unha Andaina pola Igualdade este venres, día 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller con saída da Praza do Concello ás 11:00 horas.
Convidan a asistir caracterizadas como a icona feminista Rosie A Remachadora, recollendo o lazo no Concello.
Tamén con motivo do 8M, o día 15 de marzo ás 20:30 horas haberá unha actuación do grupo de fanfarria Brassica Rapa polas rúas da vila.