Rábade celebrará no Entroido unha festa infantil e un concurso de disfraces

TerraChaXa
O Concello de Rábade organiza como todos os anos dous actos para o Entroido, o primeiro deles será a festa infantil o luns de 17:00 a 20:30h no Centro Sociocultural, onde haberá música, xogos e moita diversión, tamén contarán con merenda para todos os asistentes.
Captura de pantalla 2020 02 04 a las 12.03.53
7 Feb 2020

O Concello de Rábade organiza como todos os anos dous actos para o Entroido, o primeiro deles será a festa infantil o luns de 17:00 a 20:30h no Centro Sociocultural, onde haberá música, xogos e moita diversión, tamén contarán con merenda para todos os asistentes.

O martes 5 de marzo será a quenda do concurso e desfile de disfraces na Prazuela a partir das 17:00h, aínda que as inscricións deben facerse de 16:00h a 16:45 horas. Esta festa estará amenizada polo grupo Pekados.

Ao remate do desfile e gracias á colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade, haberá unha degustación de sobremesas típicas do Entroido para todos os asistentes.

Os premios en cada categoría serán, na modalidade adulto comparsas o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100. Na modalidade adulto parella ou individual, o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50.

Na modalidade infantil comparsas o primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 80, o terceiro de 60 e o cuarto premio estará valorado en 40 euros. Na modalidade infantil parella ou individual, o primeiro premio será de 80 euros, o segundo de 50 e o terceiro de 30 euros.

rabade
0.12857007980347