Rábade celebrou o Día da Muller adiantado cunha andaina

LugoXa | TerraChaXa
A programación continuou pola tarde cun monólogo de Leti da Taberna
dia-da-muller-rabade
8 Mar 2025

Arredor de 50 persoas participaron este venres na andaina organizada polo Concello de Rábade con motivo do Día Internacional da Muller. Ao remate houbo unha chocolatada e agasallos para todos e todas as participantes.

A programación polo 8M continuou pola tarde, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural co monólogo de Leti da Taberna Enredada.

Ambas as actividades están cofinanciadas polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

0.16931796073914