Rábade confirma a celebración da edición XXVII do Gran Máster Nacional de Futbolín

LugoXa | TerraChaXa
O evento terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril coincidindo coa Semana Santa
Master-Futbolin-Sarria-25
15 Feb 2026

A Asociación Cultural e Deportiva Bola Meiga confirmou a celebración do XXVII Gran Máster Nacional de Futbolín, un evento que terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril de 2026 na vila de Rábade, coincidindo coa celebración da Semana Santa.

Co lema A historia continúa!, o evento promete ser unha verdadeira festa do futbolín e un gran escaparate do dinamismo cultural e deportivo da vila.

O evento estará marcado por competicións, encontros e actividades relacionadas co mundo do futbolín, convertendo Rábade nunha referencia para os amantes deste deporte durante as datas sinaladas.

⚙ Configurar cookies
0.078004121780396