Rábade convoca de novo o concurso de contos das Letras Galegas
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rábade convoca un concurso de contos para nenos e maiores adicado ao autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
25 Abr 2022
O Concello de Rábade convoca un concurso de contos para todos os nenos e maiores adicado ao autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Florendo Delgado Gurriarán.
Concederanse tres premios para cada unha das catro categorías de participación.
As categorías participantes será a de 6 a 9 anos, de 10 a 12 anos, de 13 a 17 e a partir de 18 anos. Para participar deberán entregar o conto nun sobre no Concello, no IES Río Miño ou no CEIP Otero Pedrayo. O prazo de presentación dos traballos finaliza o día 13 de maio.
Os gañadores serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallos. Tan só se admitirá un conto por participante. A entrega dos premios terá lugar o luns 30 de maio no Centro Sociocultural.