Rábade convoca un concurso de contos con motivo do Día das Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Rábade vén de convocar un concurso de contos co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018 adicado a María Victoria Moreno.
23 Abr 2018

O Concello de Rábade vén de convocar un concurso de contos co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2018 adicado a María Victoria Moreno.

Este concurso está dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos e o obxectivo do mesmo é narrar un conto en galego cunha extensión mínima dun folio. Establécense catro categorías:

A. De 6 a 9 anos.

B. De 10 a 12 anos.

C. De 13 a 17 anos

D. De 18 anos en adiante.

Para participarán deberán entregar o conto nun sobre (co nome, apelidos , idade, enderezo e teléfono) no concello, no IES Río Miño ou no CEIP Otero Pedrayo ata o 30 de abril.

Os gañadores, tres por cada categoría, serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallos nas catro categorías. A entrega de premios será o xoves 25 de  maio ás 16.30 horas no Concello.

0.16137480735779