Rábade convoca un concurso de contos para o Día das Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Rábade convocou un concurso de contos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas na honra de Antón Fraguas.
26 Abr 2019

O Concello de Rábade convocou un concurso de contos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas na honra de Antón Fraguas.

Todos o contos deberán estar escritos en galegos e se dividirán en catro categorías, para nenos de 6 a 9 anos, de 10 a 12, de 13 a 17 e para maiores de 18 anos.

Os participantes deberán entregar o conto, cunha extensión mínima dun folio, nun sobre con todos os seus datos no concello, no IES Río Miño ou no colexio Otero Predayo antes do 30 de abril.

Os gañadores serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallos nas catro categorías.

0.15991902351379