Rábade convoca un concurso de postais de Nadal
O Concello de Rábade convoca o 14º Concurso de Postais Navideñas 2020. Os debuxos gañadores serán os elixidos como a Postal Navideña que anualmente se envía para felicitar o Nadal a todos os veciños.
Poderán participar no concurso calquer neno de entre 3 e 14 anos en tres categorías: categoría A de 3 a 5 anos, categoría B de 6 a 9 anos e categoría C de 10 a 14 anos.
O tema do debuxo será libre, coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal, os concursantes poderán empregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal.
O xurado estará integrado por representantes do Concello, do Colexio Otero Pedraio e do IES Río Miño, e valorarase principalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados.
Haberá premios por cada categoría, para o primeiro será un vale de 60 euros, o segundo levará un de 40 euros e o terceiro de 20 euros. Os vales deberán ser usados no comercio de Rábade.
A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro e os debuxos poderán entregarse nun sobre no colexio Otero Pedraio, no IES Río Miño ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.
O fallo do xurado farase público antes do día 11 de decembro e todos os debuxos recibidos serán expostos no Concello no Nadal.
Pódese consultar as bases nesta ligazón ou descargar directamente aquí.